A obra de Salma, Despois da medianoite, será o libro que se abordará no Club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Se liches esta obra da escritora támil ou tes pensado lela non deixes de acudir a esta cita. Sobre a autora do libro:
SALMA (Thuvarankurichi, 1970) é unha das escritoras támiles máis relevantes do actual panorama literario indio. Provén dunha familia tradicional musulmá e dunha aldea próxima á cidade de Tiruchirapalli e como moitas mozas da súa rexión non rematou a escala primaria. Aínda así, dende os trece anos comezou a escribir poesía e máis adiante a publicar en revistas literarias. Durante anos escribiu na clandestinidade, pola oposición da súa familia. A súa obra foi obxecto de críticas destrutivas en sectores literarios polo uso da sexualidade feminina dunha maneira aberta na súa obra e tamén polo contido feminista dos seus escritos.
Salma ten publicadas varias antoloxías poéticas, e no Café Literario do CDRF de VIgo analizarase a súa novela Irandaan Jaamangalain Kathai (Despois da medianoite), en tradución de María Reimóndez, que participará no acto como relatora.
O club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo conta coa colaboración de Implicadas/os no Desenvolvemento para a selección dalgunhas obras e relatoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada